Concurso Generación €

Parabéns!!! Os nosos rapaces foron seleccionados entre os 20 millores equipos a nivel nacional dun total de 2570 participantes no concurso que organiza o Banco Central Europeo en colaboración co Banco de España. Agora na segunda fase imos traballar nun exercicio escrito facendo unha proposta analítica sobre a decisión de tipo de xuro e outras medidas de política monetaria para asesorar as decisións que poida tomar o Consello de Goberno do Banco Central Europeo na súa reunión do 25 de xaneiro de 2018. Gran traballo o realizado ata o de agora e moito ánimo para os vindeiros retos.

Categoría: