EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

            


Presentámosvos aos membros do EDLG do colexio Marista Cristo Rey. Somos un grupo de profesores, profesoras e PAS que compartimos cariño e respecto pola nosa lingua ademais das ganas de visibilizala e normalizala.
 A realidade lingüística do noso centro é complicada debido a que se trata dun colexio situado na Coruña. Debido a que se trata dun núcleo urbano grande, a presenza do castelán é maioritaria se a comparamos coa da lingua galega; exceptuando algúns núcleos onde aínda podemos escoitar a nosa lingua, sobre todo en persoas de avanzada idade.
 Así pois, a realidade sociolingüística do colexio reflicte perfectamente a situación que se dá na cidade incluso dun xeito máis preocupante porque a presenza do galego entre o alumnado é inusual.
 Por todo isto é importante que o noso equipo leve ao cabo accións enfocadas a normalizar o uso do galego, pero sobre todo, a eliminar prexuízos que están inseridos na nosa realidade.
 Aquí poderedes atopar as diferentes actividades realizadas polo equipo e outras levadas ao cabo desde diferentes materias. Pola nosa parte, seguiremos traballando en prol da nosa lingua e na defensa dos nosos dereitos como falantes
 

Clases gañadoras do concurso de panxoliñas

     

 

Estrela Rosalía

     

 

Postal Nadal

 

   

MULLERES NA CIENCIA

   

 

PROXECTOS DE APRENDIZAXE E SERVIZO

   

 

   

 

EXPRESIÓN ESCRITA

CAMPAÑAS DE NORMALIZACIÓN