¿Quen somos?
Presentámosvos aos membros do EDLG do colexio Marista Cristo Rey. Somos un grupo de profesores, profesoras e PAS que compartimos cariño e respecto pola nosa lingua ademais das ganas de visibilizala e normalizala.
A realidade lingüística do noso centro é complicada debido a que se trata dun colexio situado na Coruña. Trátase dun núcleo urbano grande e a presenza do castelán é maioritaria se a comparamos coa da lingua galega; exceptuando algúns núcleos onde aínda podemos escoitar a nosa lingua, sobre todo en persoas de avanzada idade.
Así pois, a realidade sociolingüística do colexio reflicte perfectamente a situación que se dá na cidade incluso dun xeito máis preocupante porque a presenza do galego entre o alumnado é inusual.
Por todo isto é importante que o noso equipo leve ao cabo accións enfocadas a normalizar o uso do galego, pero sobre todo, a eliminar prexuízos que están inseridos na nosa realidade.
Aquí poderedes atopar as diferentes actividades realizadas polo equipo e outras levadas ao cabo desde diferentes materias. Pola nosa parte, seguiremos traballando en prol da nosa lingua e na defensa dos nosos dereitos como falantes.
Actividades |
Concurso de panxoliñas Estrela Rosalía Postal do Nadal
|
Outros traballos |
Mulleres na ciencia Campañas de normalización Expresión escrita APS |
l