Falsa naturaleza muerta, de Marinella Terzi, a novela que leron os alumnos de 1°ESO na primeira avaliación, inspiroulles o interese por aquelas mulleres que defenderon a súa creatividade artística nunha época na que a pintura ou a literatura estaban reservadas ós homes. Entre o século XIX e a primeira metade do XX acadaron un asento no mundo da cultura valéndose non só de talento e esforzo, moitas veces tamén de enxeño ó asinar a súa obra con nomes de home ou disfrazarse para asistir á Universidade.
Nesta pescuda aparecen as Sinsombrero, unha xeneración de mulleres que nos anos vinte pretendeu romper as normas coa metáfora de quitar a peza que tapa a cabeza e liberar as ideas e inquedanzas. Unha destas mulleres, Maruja Mallo, explicou así este xesto: “Un día se nos ocurrió a Federico, a Dalí, a Margarita Manso y a mí quitarnos el sombrero porque decíamos que parecía que estábamos congestionando las ideas, y atravesando la Puerta del Sol nos apedrearon llamándonos de todo”.
Os rapaces elaboraron carteis para dar a coñecer aos compañeiros a algunhas destas figuras.